David PeónWeb Personal

CV

Conferencia



Reserva Aquí



Galicia


Presentación 'Ahorro familiar' en prensa

 

Artigo publicado no suplemento 'Mercados' de La Voz de Galicia o pasado 25 de marzo. Podes acceder ao contido completo do artigo facendo click sobre a imaxe a continuación.

 

Última actualización en
03Abr2012
 

Presentación 'Ahorro Familiar en España'

Domingo García Coto, director do Servicio de Estudios de BME (Bolsas y Mercados Españoles) presenta mañá na Coruña o libro 'Ahorro familiar en España', da Fundación de Estudios Financeiros, que podedes consultar online AQUI. O evento, incluído dentro do Seminario "La crisis en relación al Ahorro Familiar en España" contará coa miña participación como co-autor dun dos capítulos do libro, xunto a Manel Antelo (USC). A miña charla versará sobre 'Cliente minorista y Entidades financieras: Venta vs asesoramiento, formación y confianza mutua'.

 

O evento será mañá venres 16 de marzo, ás 12:00 horas, no Instituto IFFE de Oleiros.

 

Actualización: xa podedes acceder á presentación en www.dpeon/documentos.

 

 

Última actualización en
20Mar2012
 

Anxo e Pablo

 

Hai unha semana que naceu Pablo. Agora é moi caladiño, tranquiliño e dormilón, pero non ha tardar en ser un trasto ao que hai que andarlle todo o día detrás, como o seu irmán Anxo.

 

Quero aproveitar para agradecervos as máis de 1.800 visitas á web e máis de 5.000 páxinas descargadas en apenas 3 meses, desde 58 países. Un magnífico comezo para unha web que, espero comprendades, retomaremos dentro dun tempo. Agora toca desfrutar deste par de fedellos!!

Última actualización en
16Feb2012
 

Ficheiro datos do paro

Acaban de publicarse os peores datos de paro en Galicia desde que hai rexistro: 13.050 desempregados máis no mes de xaneiro de 2012. Nunca se destruíu tanto emprego nun mes en Galicia. Nunca tivemos máis de 270.000 parados. E para máis inri, xaneiro soe ser un mes onde o desemprego en Galicia se comporta mellor que en España, pero non foi así esta vez: o 1% de desemprego adicional en Galicia (+5% vs +4% en España) é o peor dato desde que teño rexistro (ano 2000).

 

 

Acabo de actualizar o excel coa serie histórica de datos de paro en Galicia e en España que podedes descargar en  http://www.dpeon.com/documentos/viewcategory/1-excel.html . Ademáis, por se alguén o tiña descargado de antes, fixen unha corrección da serie interanual española, que tiña unha errata. Recomendo polo tanto descargar esta nova versión. Nuns días publicaremos un artigo ao respecto.

 

Update. Luis Garicano (Fedea) avisa: no Ensino Universitario está a solución.

 

Última actualización en
02Feb2012
 
<< Inicio < Anterior 1 2 Siguiente > Fin >>

Página 1 de 2